|
MAIO/2010
O próximo 15 maio estrearase en Odessa (Ucraína) un Concerto para Violín e Violoncello do compositor Wladimir Rosinskij, sendo os solistas Jorge Montes, membro do ensemble s21, e Rouslana Prokopenko, xunto á Orquestra Filarmónica de Odessa.
|
|
MARZO/2010
O ensemble s21 terá o privilexio de abrir a terceira temporada
do Ciclo de Música "Sen Batuta" (Ourense) o próximo 2 de setembro no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo.
|
|
MARZO/2010
O ensemble s21 foi invitado novamente a participar no
prestixioso Festival Via Stellae de Santiago de Compostela, no que
interpretarán obras de Eduardo Soutullo e Toru Takemitsu.
|
|
XANEIRO/2010
O ensemble s21 será un dos grupos invitados pola Asociación Galega de Compositores para participar nun dos concertos do XIV Ciclo de Cámara que organiza dita asociación entre febreiro e xullo de 2010. O concerto celebrarase o 28 de xullo na Coruña e levará por título: "Formacións heteroxeneas na música de cámara galega actual".
|
|
XULLO/2009
O ensemble s21 será un dos grupos residentes do Congreso Internacional de Música Contemporánea (www.udc.es/grupos/ln/ICCM/ICCM.html) que terá lugar en A Coruña entre o 25 e o 27 de abril de 2010.
|